martes, 6 de junio de 2017

MANUEL COIA FRANCO



Finou  o escultor galego Manuel Coia Franco, nado en Hio en 1940.

Criouse nun ambiente mariñeiro, paticipou na vida do mar activamente e coñeceu a súa dureza e aventura cotiá en barcos de pesca por mares de todo o mundo.
A súa formación é autodidacta. Quizais sentiu a escultura desde as formas caprichosas de raíces emerxidas nas praias de Nerga, lugar onde reside, ou tallando a punta de navalla un anaco de casco desprendido dunha dorna.
A madeira é a súa materia habitual. Asistiu a certames colectivos como os da Praza da Princesa, en Vigo, onde empezou a ser coñecido a pricipios dos setenta. Realizou algunhas exposicións individuais en cidades de Galiza, España e o estranxeiro.
Residiu moito tempo en Brasil, onde tomou contacto con outras concepcións da arte. Por fin volve a Galiza para traballar en silencio e sorprender periodicamente, con obras que son un berro, unha denuncia, case un panfleto. As esculturas de Coia son pura síntese. Está representado en museos de Pontevedra e Vigo, así como en importantes coleccións particulares.

información- galipedia

No hay comentarios:

Publicar un comentario