Foron noites pechas, do máis tenebroso terror,
desencadeados polos demos da Esma,
un conxuro de voces abafantes que esnaquizaban gorxas de xuventude,
un mundo pisoteado pola sinrazón.
Voos de morte, corpos torturados botados polo ceo aberto.
Choraba Sara Steimberg, bágoas quentes de amargo dor
Levaronlle a Luis Pablo so porque soñaba nun mundo mellor, nunha vida libre para todos.
Sara Steimberg, deixa xa de chorar, agora que xa estás con el.Empuxárono dende o alto,
dende a altura onde a liberdade nin sequera era alcalzable
No hay comentarios:
Publicar un comentario