Xosé Otero Abeledo, máis coñecido como Laxeiro, naceu na
parroquia de Don Ramiro-Lalín o 23 de febreiro de 1908. No 1914 mudouse
cos seus pais a Botos-Vilarmaior-Lalín. Alí comezou as fábulas da
infancia, os seus primeiros debuxos e poemas. En 1921 emigrou a Cuba cos
seus pais. Traballaba de día e asistía a clases de debuxo no plantel de
ensino "Concepción Arenal" do Centro Galego da Habana. Laxeiro quedou
impresionado polas primeiras exposicións que viu na Habana, a de Jesús
Corredoira e a de Ignacio Zuloaga.
En 1925 volveu a Galiza doente dunha enfermidade. Ao chegar exerceu
de barbeiro en feiras, e era coñecido como o "barbeiro-pintor" de
Lalín. Dado o talento que demostraba o mozo pintor o Concello de Lalín
en 1931 concedeulle unha bolsa para estudiar Belas Artes na Academia de
San Fernando de Madrid. Un ano despois foi a Deputación de Pontevedra
quen lle outorgou unha bolsa para continuar naquela afamada academia.
Laxeiro aproveitou a súa estadía en Madrid para frecuentar as tertulias do Café "Granja El Henar" para atoparse cos intelectuais do momento e especialmente cos galegos. "Neste Café xuntábamonos todas as noites e facíamos un grupo de galegos ilustres: Castelao, Picallo, os irmáns Villar Ponte, os Dieste, Risco, Alonso Ríos, e os sábados moitas veces, o poeta García Lorca".
Laxeiro realizou en 1934 a súa primeira exposición na Facultade de Filosofía e Letras de Santiago. O pintor mantiña unha fluída relación coas tertulias do Español e do Derby. Logo realizou en 1935 a súa segunda exposición nunha sala da rúa Michelena (Pontevedra). Co alzamento militar de Franco de xullo de 1936 Laxeiro foi sorprendido organizando unha exposición de debuxos.
Malia que tiña frecuentado ambientes republicanos, Laxeiro non tiña militancia política, polo que non foi obxecto de persecucións. En 1937 foi recrutado forzosamente ata 1939. Ao rematar o seu servicio militar instalouse na cidade de Pontevedra. Nesta cidade pintou en 1941 os murais do Cine Balado de Lalín e o mural "O manantial da vida" do café Moderno de Pontevedra, onde aparecía un concepto claro de neofiguración consagrado nos sesenta.
Un ano despois estableceuse en Vigo: "Pasei alí días de fame e agasallei murais ás paredes...", lembraba o pintor. A súa primeira exposición importante nesta cidade realizouna en 1945 na Sala do Casino de Vigo. Outra das exposicións dos anos corenta son: 1946-Murais na taberna "El Caserío". Expuxo xunto a Virxilio Blanco en Compostela. 1947- Convidado a expoñer en Bilbao: Sala Studio. Exposición de debuxos na galería "Estilo" de Madrid. Exposicións na Asociación de Artistas da Coruña e na Sala Velázquez do Teatro Fraga de Vigo. 1948-Exposición na Sala Velázquez de Vigo. "Exposición relámpago" na taberna "El Capitán ". Pintou un dos seus cadros máis famosos: "Transmundo" 1950-Exposición na Sala Velázquez en Vigo.
En 1951 mudouse a Bos Aires xunto con ao seu gran amor e compañeira Lala. Levou consigo a obra de sete artistas galegos convidados a expoñer na capital. Desde entón e ata 1970 permaneceu na Arxentina constituíndo esta unha das etapas máis fecundas e influíndo de xeito decisivo nas novas xeracións dese país.
Na Arxentina expuxo nunha morea de salas as máis importantes foron: 1951- Mostra de debuxos nos "Martes Bohemios da Boca", Bos Aires. 1954-Sala da Sociedade Iberoamericana, Bos Aires. 1955-Inauguración -cunha exposición- da Sala de Arte do Centro Lucense. 1957-Exposición na Sala Velázquez, Bos Aires. 1962.Exposición na Sala Prisma de Madrid. "50 anos de pintura figurativa española". Galería Charpentier, París. Participan, entre outras 30 seleccionadas, obras de Solana, Regoyos, Vázquez Díaz, Nonell, B. Palencia... 1964-Exposicións na Sala Lascaux, Sociedade Estímulo de Belas Artes, Galería Boado e na Sala Velázquez, Bos Aires.
Elixido Vicepresidente da Sociedade Arxentina de Artistas Plásticos. Importante labor de conferenciante que causa impacto no ambiente artístico bonaerense: "O bicho creativo", sobre a arte moderno. 1965-Exposición na sala Lascaux, Bos Aires. Exposición na Asociación de Artistas da Coruña. Importante conferencia no Museo de Artes Plásticas da cidade da Plata sobre "As barrigas verdes da pintura". 1966-Exposición de máis de 70 obras na Sala Quixote, de Madrid. 1968-Exposición na Sala Biosca, de Madrid. 1970-Grande retrospectiva na Art Gallery International de Bos Aires. Volta a Galiza. A etapa galaico-madrileña (1970-1996). 1981-"Antoloxía Homenaxe a Laxeiro", organizada por Atlántica, en Vigo, con máis de 300 obras. 1985-Exposición antolólixa na VIII Bienal Nacional de Arte de Pontevedra. 1996-No Centro Galego de Arte Contemporánea. En 1983 o Concello de Vigo adícalle un Museo Monográfico.
Laxeiro foi un home comprometido co seu tempo, foi un home de esquerdas sensible ao mundo que o rodeaba. Foi un gran amigo dos seus amigos. Nas súas lembranzas sempre estaba Lala, os seus anos na Habana e Bos Aires, algún amor furtivo.
Na intimidade encantáballe o humor, gustáballe cantar e dar discursos en distintos idiomas que el dicía que coñecía mais que en realidade inventaba para facer rir aos seus amigos.
Coñecín a Laxeiro en 1990 ao pouco de chegar de Bos Aires, participei nalgunhas das tertulias do Goya. A Laxeiro gustáballe que lle comentara como estaba a Arxentina. Falábamos dos nosos amigos en común: Cuadrado, Lores, Benito e José Domínguez, etc. Sempre se lembraba dalgunha anécdota. Notábaselle feliz falando daqueles tempos.
Nunha entrevista que lle realizou Fernando Elorrieta Rey comentounos algunhas lembranzas do seu paso pola emigración cubana: "Na Habana estiven catro anos desde o ano 1921 ata o 1925. Alí fíxenme pintor pois tiven a sorte de ir a clase de debuxo e pintura mais ademais tiven nese pouco tempo unha chea de vivencias daquela cultura afrocubana, das súas crenzas, do son e do ritmo e tamén aprendín como un mozo do meu barrio Kid Chocolate (campeón do mundo de boxeo) a "fajarme" e a defenderme. Traballei nunha fábrica de manteiga que se chamaba "El País", despois traballei cun negro facendo publicidade polas rúas, traballei de toneleiro e máis tarde nunha compañía chamada "Ballesteros Hermanos" na sección de vidrieiras de chumbo. Alí como debuxante de vidrierias pagábanme catro dólares diarios que era un salario moi bo. Nese intre púxenme moi mal de saúde e tiven que ingresar na quinta do Centro Galego e de alí mandáronme a España para finar. E xa ves aquí estou. Cuba quedou prendida no meu corazón co seu cromatismo e ledicia de vivir e cunha carga misteriosa de ritmos e harmonías". Sobre o seu paso por Bos Aires relátanos Laxeiro: "...Valeume moito a miña estadía na Arxentina porque cheguei a un país no que valoran a arte e ademais cheguei cando os arxentinos cultos comezaron a darse conta de que alí había moi bos pintores e comezaron a mercar obras de arte. Eu atopábame alí como na miña terra... Foi unha época moi boa para o meu espírito e para os meus sentimentos. Vivín a tope aquelas vivencias e nunca as poderei esquecer. Sí é certo, Bos Aires foi un xarope doce e inesquecible para min como home, como artista e como galego".
Co transcorrer dos anos compartín outros momentos co xenial artista, lembro unha entrañable cea no Posto Piloto de Vigo xunto a Cuadrado e Lores, as visitas a súa casa da rúa Urzáiz, as festas na casa de Raimundo Orozco, os encontros casuais pola rúa do Príncipe. O noso último encontro sería no Hospital Xeral, o noso grande pintor achegábase cara á morte.
Aos poucos meses dese último e fugaz intecambio de saúdos Laxeiro finaba. Era o 21 de xullo de 1996, o noso pintor máis xenial deixábanos para sempre con el íansenos todas as cores e todos os soños.

No hay comentarios:
Publicar un comentario