José Luis Neira Brochs nace en Viveiro en1941. Realiza estudos na Escola de Artes e Oficios de Madrid, e posteriormente no Círculo de Bellas da mesma cidade. Viaxa a París perseguindo unha aprendizaxe de corte máis vangardista coincidindo coa efervescencia cultural do Maio do 68 e matriculándose na École de Beaux -Arts da mesma cidade. Viaxa por Alemaña , na que reside temporalmente en dúas ocasións , por Suíza e Luxemburgo, buscando a efervescencia creativa dunha Europa xa desligada da fonda ferida da Segunda Guerra Mundial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario