viernes, 14 de octubre de 2022

 UNHA DESPEDIDA CHEA DE EMOCIÓNS



O querido mestre de cerámica, Miguel Vázquez, remataba a súa última xornada laboral, atrás quedan 36 anos dedicados ao ensino da cerámica artística. O seu labor, a súa profesionalidade, a súa calidade humana están a dar froitos, son moitos os obradoiros e os cerámistas que traballan na nosa cidade ou na provincia que tiveron o seu primeiro contacto coa arxila na nosa Escola, aos que Miguel transmitiu a súa paixón pola cerámica e aí seguen, enganchados a esta actividade artesanal cuxo orixe se perde na noite dos tempos.

Foron moitos os alumnos e exalumnos desta especialidade que onte achegáronse á Escola para despedirse del, unha merecida homenaxe, ao mestre, ao artesán e ao artista que é.



















No hay comentarios:

Publicar un comentario