jueves, 25 de febrero de 2021

ELENA COLMEIRO

 


ELENA COLMEIRO ( 1932 - 2021 ) [CERÁMICA]

Esta entrada, é das que nunca me gustaría ter que facer. Despedir a unha mestra, amiga, como Elena Colmeiro non me resulta nada fácil, pero a vida ten estas cousas. Falar de Elena, é falar de cerámica por suposto pero tamén é falar de xenerosidade, honestidade de rebeldía en definitiva dunha artista do seu tempo.

 Ter a sorte de compartir e gozar con ela todos estes anos sempre me pareceu un luxo, a intensidade con que comunicaba as súas elucubracións, a valentía que transmitía á hora de comentar como afrontaba o seu traballo e a curiosidade e interese que prestaba ás novas propostas e xeracións, eran propias dunha mestría intemporal.

A súa obra cargada de innovación e contemporaneidade foi consumindo etapas e enriquecéndose con propostas arriscadas que ás veces como ela mesma recoñecía non entendía de momento o seu significado.

 Non cabe a menor dúbida que o que Elena Colmeiro déixanos transciende da súa obra, achegando un valor esencial á cerámica mais alá do propio material.

Ata sempre Elena.

 EMAO EN LIÑA

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario