sábado, 13 de agosto de 2011
MARABILLOSOS POEMAS DE AMOR A MORAIMA
CELSO EMILIO FERREIRO
Esta frol derradeira, brando sono
das miñas outas noites, qué donaire
que leda compañía de domingo.
Qué anada farturenta
os meus velos amores sempre novos,
sempre distintos, sempre unha solpresa,
no fío do amencer entre bruídos
de tranvías que esperan a cidade.
Muller, irmá e nai, nada no aramio
dun lonxano teléfono do vento
Voz querendoas de azas que acariña
os meus camiños tristes.
Esposa e filla, meus segredos
a cachón sobre a canle do meu peito,
dos meus ollos de terra
que o mesmo Dios labrou en mármul quente.
Eiquí estou i estarei por toda a vida,
agora un home, mañá cinta de estrela,
sempre fidel á frol dos meus amores,
muller, irmá e nai, esposa e filla,
catro voces nun beixo, catro patrias
nunha soa bandeira estremecida.
Querida nono esquezas, hai palabras
que é pecado dicilas niste tempo.
Palabras que non debes pronuncialas,
nin xiquera pensalas, cavilalas.
tetexalas, gabalas, escribilas...
Moito menos berralas.
Espoa, toma nota e non esquezas
nin digas libertá palabra triste
con peligro de morte a calivera.
Si é certo que me queres nunca digas
esta palabra estúpida
que ten dentes e morde coma un lobo
Nin digas tan xiquera
as verbas derivadas,
por moi lonxano e vago
que sexa o parentesco etimolóxico,
como son verbi gratia, libertino,
liborio, liberata, libre cambio.
En troques di da cadea, viva, viva,
si señor, moitas gracias, Dios llo pague
¡Xa verás que felices imos sere!
DIXO Moraima;
nunca poiden enxergar
que por ser fillo do vento
que namora á libertá...
ti teñas que ser á forza
un perigroso elemento,
sospeitoso e pecadento.
Ti non podes enxergalo.
Moraima, pro eu fai tempo,
fai moito tempo que o enxergo
CANDO quero vivir
digo Moraima
Digo Moraima
cando semento a espranza
Digo Moraima
e ponse azul a alba
Cando quero soñar
digo Moraima
Digo Moraima
cando a noite é pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.
Cando quero chorar
digo Moraima
Digo Moraima
cando a anguria me abafa.
Digo Moraima
e ponse o mar en calma.
Cando quero surrir
digo Moraima.
Digo Moraima cando a mañá e crara
Digo Moraima
e ponse a tarde mansa.
Cando quero morrer
non digo nada.
E mátame o silencio
de non decir Moraima.
DICEN
que a vida é
unha estrela fugazzzzzz
que cruza o ceo
na noite.
Pro ti e máis eu
cruzámolo
collidos
da mau
coma dous namorados.
Non foi
tan fugaz
o noso paso,
aunque foi moi escura
a noite
que nos tocou en sorte
MORAIMA, por seguir a miña roita
de poeta inconforme
viviche ó veu carón días amargos
de crudel desamparo en terra allea.
Por seguir os meus pasos tan incertos,
trocache as túas mans de seda
por dúas pombas ásperas
pra que o noso fogar desarbolado
semellase un navío entrando en porto.
Aturache o infortunio
sin verquer unha bagoa,
o rostro sempre erguido,
altiva, vertical, como si foses
unha raíña anterga.
Por ser a miña sombra proteutora,
tiveche que vivir entre badúas
no páis dos mesquiños promotores
de vanidá minifundia;
señoritos sen caste,
propietarios de pouco,
candongas de domingo,
merdellonas metidas a madamas,
pícaros, desestores, desleigados,
monicreques, malandros, alcaiotes.
Ti pideches soerguerme diste estrume,
¿Cómo che pagarei favor tan grande?
Eu xa te busquei
cando o mundo era unha pedra intaita
Cando as cousas buscaban os seus nomes,
eu xa te buscaba.
Eu xa te procurei
no comezo dos mares e das chairas.
Cando Dios procuraba compañía
eu xa te procuraba.
Eu xa te chamei
cando soio a voz do vento soaba.
Cando o silenzo chamaba polas verbas,
eu xa te chamaba.
Eu xa te namorei
cando o amor era unha folla branca.
Cando a lúa namoraba as outas cumes,
eu xa te namoraba.
Sempre,
dende a neve dos tempos,
eu, na túa ialma.
Celso Emilio Ferreiro
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario